Wednesday 26 de June de 2024

O concelloamplía a rede de abastecemento entre Golmar do medio e San Pantaión


Melloraranse os servizos que se ofrecen ás vivendas desa zona, ademais de tratarse dunha intervención cun impacto directo na protección do medio ambiente.

O Concello iniciou as obras de execución do proxecto de ampliación da rede de abastecemento de auga na parroquia de Golmar entre os núcleos de Golmar do Medio e de San Pantaión.
A canalización realizarase pola marxe esquerda da estrada en dirección á Xesta nunha lonxitude de 800 metros máis un tramo de 40 metros pola marxe dereita para levar tamén o servizo ás vivendas desa zona.
O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro delegado das áreas de Obras Públicas e Urbanismo, Pablo Cambón, reuníronse no lugar das actuacións co responsable da empresa contratista, Construcciones Dámaso Ferreiro, para supervisar os primeiros traballos.
O proxecto está valorado en preto de 40.000 euros.

A ampliación dos servizos básicos como as redes de abastecemento son actuacións consideradas prioritarias para o goberno local, xa que supoñen importantes melloras para os veciños residentes nas zonas rurais do municipio, ademais de tratarse de intervencións que, polas súas características e finalidade, teñen un impacto directo na protección do medio ambiente.